luns, 27 de agosto de 2018

Uniformes escolares

Estimadas familias,

Actualizamos información sobre os uniformes escolares. Podedes consultar a información actualizada na seguinte ligazón:

Circular uniformes escolares

Aproveitamos tamén para comunicarvos que a hoxe xa tedes dispoñibles os uniformes en La Tienda de Sara. Os que teñades reservas realizadas podedes pasar a recollelas, non esquezades achegar a folla de reserva que vos entregamos cando fixestes o pedido.

Cobrarase precio de socio ás familias que sexan socias coa cuota abonada deste curso 2018-2019.
A cuota anual é de 25€ por familia, 15€ se xa sodes socios doutra Anpa, e será válida ate o 21 de xuño de 2019.

O número de conta para facer o ingreso é ES89 2080 0035 1030 4004 0928 (Caixa Galicia)
No concepto é recomendable poñer o nome da nai ou pai.

Saúdos cordiais,
Directiva da ANPA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

 Actualizada la hoja de alta en ANPA