domingo, 22 de outubro de 2017

Novo curso 2017-2018

Estimadas familias:

Dende a ANPA queremos saudar a todas as familias que xa forman parte da nosa asociación e dar
a benvida a todas aquelas que se incorporan para este novo curso.

Sabendo do importante papel que xoga a Asociación no desenrolo de iniciativas para a mellora da
calidade educativa dos nosos fill@s, iniciamos este novo curso con ilusión e entusiasmo, seguros
que coa vosa aportación, e en colaboración co centro, poderemos facer novas propostas e mellorar
a calidade dos servizos que actualmente ofrecemos, intentando en definitiva, facer o colexio que
todos desexamos.

A continuación os presentamos os membros da directiva que saíron elixidos na última asamblea de
familias celebrada en xuño deste ano:
  • Presidenta: Silvia Romero Pereiro.
  • Vicepresidenta: Susana López Conde.
  • Secretaria: Ana Vanesa Pardiñas Torrado.
  • Tesoreiro: Iago Vilanova Ceide.
  • Vogal: Cristina Burgos Fernández (Representante da ANPA no Consello Escolar)
  • Vogal: Rebeca Mouriño Neira

Tamén queremosvos informar que no noso un blog: anpamosteiron.blogspot .com, iremos
publicando información que poida ser de interese para as familias.

No apartado “ligazóns de interese” poderedes acceder y descargar varios documentos coma: Folla
de Alta na ANPA, Folla de inscrición en actividades, Folla de inscrición en programa
Madrugadores/canguro, Autorización de recollida tras actividades, Circular informativa de
actividades extraescolares... etc.

Pronto tamén estarán dispoñibles eses mesmos formularios para cubrir online, así evitaremos ter
que imprimir papel.

Quedades convidados a colaborar, aportando ideas e propostas de mellora, todas serán benvidas.

Para contactar con nós poderedes facelo a través do seguinte correo electrónico:
anpamosteiron.sada@gmail.com.

Un saúdo,
A Xunta Directiva

 Actualizada la hoja de alta en ANPA