xoves, 16 de novembro de 2017

Comedor escolar


Estimadas familias,

Esgotados os recursos para unificar os turnos do comedor, fixemos o que estaba na nosa man.

A semana pasada nós mesmos acudimos medir o espazo para verificar que coupesen tódolos nenos de infantil e primaria, quedando Sada y sus contornos nun segundo turno.
Nembargantes, existe un problema, que na cociña utilizan ese tempo para hornear algúns platos.

Despois de varias reunións e con tódolos datos, no centro van elaborar un informe cos pros e contras da unificacion e con ese informe se tomará unha decisión.
Ademáis, no IES (centro xestor do comedor) van solicitar un forno á Consellería, algo que aínda que se concedera non disporiamos del neste curso.


Con respecto ó cambio de xestión, lamentamos comunicarvos que non será posible, xa que aínda tengo os informes favorables do CEIP, IES, inpescción e Consellería, ó chegar á Xunta paralizuse a solicitude por motivos que por agora descoñecemos, pero que cremos terán que ver cos acordos ós que se chegou cando se fixo o traspaso do ISM á Xunta.

Sen máis que contarvos, desexámosvos unha boa semana 😉

venres, 3 de novembro de 2017

Uniformes escolares

Estimadas familias,

Iniciamos colaboración coa tenda "La Tienda de Sara". Podedes pasar por alí para recoller os encargos, cambiar, mercar ou probar as prendas de cara ao vindeiro curso, tedes toda a información na circular que remitimos ó centro.

Podedes consultala na seguinte ligazón:

Circular uniformes escolares


Saúdos cordiais,
Directiva da ANPA

 Actualizada la hoja de alta en ANPA