martes, 2 de xullo de 2019

Novo curso 2019-2020


Estimadas familias:

Dende a ANPA queremos saudar a todas as familias que xa forman parte da nosa asociación e dar a benvida a todas aquelas que se incorporan para este novo curso.

Sabendo do importante papel que xoga a Asociación no desenrolo de iniciativas para a mellora da calidade educativa dos nosos fill@s, iniciamos este novo curso con ilusión e entusiasmo, seguros que coa vosa aportación, e en colaboración co centro, poderemos facer novas propostas e mellorar a calidade dos servizos que actualmente ofrecemos, intentando en definitiva, facer o colexio que todos desexamos.

A continuación os presentamos os membros da directiva que saíron elixidos na última asamblea de familias celebrada en xuño deste ano, para calquera consulta non dubidedes en poñeros en contacto nos teléfonos indicados, ou no correo anpamosteiron.sada@gmail.com:
  • Presidente: Javier García Bello. Tf: 654193075
  • Vicepresidenta: Susana López Conde.
  • Secretaria e tesoreira: Ana Vanesa Pardiñas Torrado. Tf: 699930090
  • Vogal: Cristina Burgos Fernández (Representante da ANPA no Consello Escolar)
  • Vogal: Mª Carmen Bascoy Valiño
  • Vogal: Silvia Romero Pereiro


Lembrarvos tamén que tedes a vosa disposición no apartado “ligazóns de interese” todas as circulares informativas das actividades que realizamos, así coma as follas de inscripción

Un saúdo

 Actualizada la hoja de alta en ANPA