luns, 27 de agosto de 2018

Uniformes escolares

Estimadas familias,

Actualizamos información sobre os uniformes escolares. Podedes consultar a información actualizada na seguinte ligazón:

Circular uniformes escolares

Aproveitamos tamén para comunicarvos que a hoxe xa tedes dispoñibles os uniformes en La Tienda de Sara. Os que teñades reservas realizadas podedes pasar a recollelas, non esquezades achegar a folla de reserva que vos entregamos cando fixestes o pedido.

Cobrarase precio de socio ás familias que sexan socias coa cuota abonada deste curso 2018-2019.
A cuota anual é de 25€ por familia, 15€ se xa sodes socios doutra Anpa, e será válida ate o 21 de xuño de 2019.

O número de conta para facer o ingreso é ES89 2080 0035 1030 4004 0928 (Caixa Galicia)
No concepto é recomendable poñer o nome da nai ou pai.

Saúdos cordiais,
Directiva da ANPA

Novo curso 2018-2019

Estimadas familias:

Un ano máis, dende a ANPA queremos saudar a todas as familias que xa forman parte da nosa asociación e dar a benvida a todas aquelas que se incorporan para este novo curso.

Sabendo do importante papel que xoga a Asociación no desenrolo de iniciativas para a mellora da
calidade educativa dos nosos fill@s, iniciamos este novo curso con ilusión e entusiasmo, seguros
que coa vosa aportación, e en colaboración co centro, poderemos facer novas propostas e mellorar
a calidade dos servizos que actualmente ofrecemos, intentando en definitiva, facer o colexio que
todos desexamos.

Como xa sabes, este ano temos nova directiva no centro, a cargo de Silvia Abrodos como directora.
Nos consta que están traballando moito dende o primeiro día. Entre os seus propósitos está ter unha boa comunicación cos pais e a Anpa. O traballo que queda por diante non é fácil, pero temos esperanza en que duranto este novo curso se encauzará o rumbo do colexio.

No apartado “ligazóns de interese” poderedes acceder y descargar varios documentos coma: Folla
de Alta na ANPA, Folla de inscrición en actividades, Folla de inscrición en programa
Madrugadores/canguro, Autorización de recollida tras actividades, Circular informativa de
actividades extraescolares... etc.

Quedades convidados a colaborar, aportando ideas e propostas de mellora, todas serán benvidas.

Para contactar con nós poderedes facelo a través do seguinte correo electrónico:
anpamosteiron.sada@gmail.com.

Un saúdo,
A Xunta Directiva

 Actualizada la hoja de alta en ANPA