venres, 11 de xaneiro de 2019

CONVOCATORIA REUNIÓN DA ANPA

Estimadas familias,

Convocámosvos para a próxima reunión que terá lugar o vindeiro xoves 17 de xaneiro, ás 19:30, na OMIX de Sada. 

Os temas a tratar serán:

  • Cambio na directiva da ANPA: Algúns membros da nosa asociación cesarán a súa actividade a finais deste curso, polo que animamos a que formedes parte da directiva, para poder continuar coa labor destes últimos anos.
  • Obras e melloras no centro: Como sabedes, antes das navidades tódalas familias recibimos unha carta da Consellería de educación, onde se informaba das obras e melloras no centro, moitas delas sen realizar. Ademáis, en comparación coas inversións realizadas noutros centros educativos do concello, o noso víase agraviado. Resolveremos, na medida do posible, as dúbidas e queixas que teñades nese sentido, e daremos a información que temos respecto ás obras realizadas.
  • Uniformes escolares: O fabricante que nos suministraba os uniformes cerrou a súa fábrica o pasado 28 de decembro. Estamos a tratar con outros fabricantes para poder continuar suministrando as prendas a prezos competitivos.
  • Rogos e preguntas
Un saúdo,
A Xunta Directiva

 Actualizada la hoja de alta en ANPA